Bos días.
Na entrada de hoxe falareivos un pouco sobre o maratón. Qué é o maratón?
O maratón dentro do piraguismo, é unha modalidade máis con respecto a distancias; é decir, pode haber campeonatos de pista(curtas distancias), de kaiak de mar (asociado máis ás olas) e tamén pode haber maratón.
O maratón consiste en facer un número bastante elevado de quilómetros remando, pero o que o diferencia de outras modalidades, é que cada x distancia atópase un porteo, no cal debes baixar da piragüa, collela ti mesmo e botar a correr con ela ata que dito porteo se acabe e teñas que subir de novo e continuar remando. A continuación deixovos un video dun campeonato desta modalidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario